A Sylphide, un ballet apaixoadamente romántico...

                                




Francoise Gabriel Guillaume Lepaulle _ Marie Taglioni no ballet La Sylphide





La Sylphide é un ballet do século XIX, concretamente do 1832, ano no que se estrenou na Ópera de París. A peza considérase un ballet romántico que cumpre as características principais do romanticismo na danza. Algunhas das características son: 

-A exaltación da fantasía: O romanticismo caracterízase por dar liberdade á fantasía, os soños, os espíritos e os seres mitolóxicos.

-O interese no exótico: Busca inspiración nos paisaxes do afastado oriente.

-Os temas sobre os que trata: O amor, a morte, as paixóns e a traxedia.

O coreógrafo orixinal é Filippo Taglioni que escolleu a súa filla María Taglioni (a primeira bailarina en utilizar as zapatillas de punta e unha das bailarinas máis coñecidas do Romanticismo) para facer o personaxe da Sylphide dacordo co seu físico.

A música foi creada por Herman Lovenskjold e o argumento por Adolphe Nourrit.

A Sylphide está dividida en dous actos.

Como versións de referencia podemos destacar: A versión do danés Auguto Bournonville e a de Pierre Lacotte.

Nestes nexos vos compartimos as dúas versións para que poidades velas e disfrutalas.

La Sylphide Royal Danish Ballet - YouTube


La sylphide (de P. Lacotte - 1972) - YouTube

                                    

ARGUMENTO:

●Acto 1

James é un rapáz escocés, comprometido cunha rapaza chamada Effy. Unha noite James durme na cadeira de brazos cando entra a Sylphide pola ventá, unha criatura etérea de gran beleza que se enamora de James, o único que pode ver á Sylphide. Mentres organizan os preparativos para a voda de Effy e James pero a Sylphide rouba a alianza que logo agocha no bosque. James persíguea e olvida á súa prometida.

Acto 2

No bosque, James atopa unha feiticeira e ofrécelle un velo para poñerllo á Sylphide. Sen embargo, o velo está envelenado e cando James lle pon o velo á Sylphide provoca a súa morte.



Canto sabes sobre  La Sylphide?

Propoñémoste facer este cuestionario para ver canto sabes deste ballet, MOITA SORTE!


Na seguinte sopa de letras terás que topar 10 apelidos de diferentes personalidades do ballet romántico.


 E por último propoñemos este logo de memoria con imaxes do ballet.














Comentarios

  1. Me encanta este blog! Muy instructivo e interesante.

    ResponderEliminar
  2. Moi interesante todo! Gustoume moito saber máis sobre a danza, un mundo descoñecido para min.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario