Giselle, traxedia, tolemia e espíritos


Giselle


ARGUMENTO

Acto I:

Giselle é unha campesiña de gran beleza que está namorada dun home da corte chamado Albrecht que agocha a súa identidade a Giselle porque aínda que él esté namorado dela, xa está comprometido con Bathilde.

Giselle quere bailar pero Berther, a súa nai, lémbralle que pode morrer debido a súa fráxil saúde. 

Na vila celébrase a festa da vendimia e os rapaces da vila escollen á raíña da honra que recae en Giselle, quen baila para todos co permiso da súa nai. Mentres tanto Hilarión descobre a verdadeira identidade de Albrecht e aproveita a presenza da corte e da súa prometida Bathilde para desenmascarar a Albrecht.

Giselle ao enterarse de que foi enganada recae nunha grande desesperación que a leva á morte e esta convértese nunha Willi, un ser fantástico no que se converten as mulleres que morren antes do casamento.

Acto II:

Hilarión achégase ao bosque para visitar a tumba da súa amada. Unha vez adentrada a media noite, a chegada das Willis sorprende a Hilarión. Myrtha, a raíña e a encargada de dar a chamada ás Willis, para iniciar así, unha noite máis, o ritual de venganza, sendo Hilarión a súa primeira víctima. Máis tarde, chega Albrecht en busca da tumba de Giselle suplicando o seu perdón. As Willis desaparecen e Giselle conmovida pola aparición do seu amado, intenta advertirlle de que marche do bosque pero xa é tarde, Myrtha e as Willis atraen a Albrecht para facerlle bailar ata arrebatarlle a súa vida. A forza de amor que sinte Giselle no seu interior, é a salvación de Albrecht, facendoó resistir vivo ata a chegada do amencer.

Co amencer as Willis desaparecen e así Giselle ten que despedirse do seu amado. Albrecht trata inutilmente de retela pero Giselle ten que seguir o seu apesarado destino envolta nesa maldición causada polo engano e traición do home.

Marianela Núñez , acto II do ballet Giselle. Foto de Tristram Kenton


Vos deixamos un enlnlace de YouTube do final do I Acto do Ballet Giselle do Royal Ballet de Londres, interpretado por Marianela Núñez e Vadim Muntagirov. Trátase da escena da locura, unha conmovedora interpretación de Marianela, coa sua grande expresividade que fainos estremecer coa sua dor.

Final Act I Giselle


A versión da Compañía Nacional de Danza

O 9 de decembro de 2020 a CND ( Compañía Nacional de Danza) dirixida por Joaquín de Luz estreou no Teatro da Zarzuela a sua versión do ballet Giselle. Unha versión, como remarcan na páxina web da compañía, vista a través do romanticismo español e inspirada na poesía de Gustavo Adolfo Bécquer. 










Giada Rossi. Foto Alba Muriel


TRAILER DO BALLET GISELLE POLA CND


ENTREVISTA ONLINE O VINDEIRO XOVES, 4 DE MAIO ÁS 20:00h A CRISTINA CASA,  BAILARINA PRINCIPAL DA COMPAÑÍA NACIONAL DE DANZA. CONTAREMOS COA COLABORACIÓN DO ALUMNADO DE 1° A 4° DE GP DE AMBAS ESPECIALIDADES. COÑECEREMOS A ESTA BAILARINA E A SÚA INTERPRETACIÓN DESTE PERSONAXE. A COMPAÑÍA LEVARÁ ESTE BALLET AO TEATRO REAL DE MADRID O 18, 20 E 21 DE MAIO. ANIMÁMOSVOS A IR E DISFRUTAR DESTE CLÁSICO ROMÁNTICO.


Enlace para poder ver a entrevista a Cristina Casa:












Comentarios